|
Como configurar o filtrado de spam en outlook
Unha vez arrancado o programa, para realizar
a configuración ten que ir ao menú "Herramientas"
e premer na opción "Reglas y alertas ".

De seguido, ten que seleccionar "Nueva regla...".

Na seguinte ventá que se amosa debaixo haberá que seguir varios pasos moi sinxelos para definir a regra.
O primeiro é desmarcar o cadro "Iniciar la creación de una regla desde una plantilla " e seleccionar a
que di "Iniciar desde una regla en blanco". Para ir ao seguinte paso prema no botón "Siguiente".

Deseguido, na ventá inferior ten que marcar a opción "con cierto texto en el encabezado del mensaje ". Vai aparecer no compoñente inferior unha cadea de texto que describe a regra. Nesa descrición prema na cadea "cierto texto" e a ventá verase como a da seguinte figura. Nese cadro debe introducir o texto X-Spam-Uvigo: tal e como se amosa na figura. Debe premer en "Agregar" e finalmente en "Aceptar" para confirmar o cambio. Para ir ao seguinte paso volva premer no botón "Siguiente".

O seguinte paso e moi similar ao anterior. Ten que marcar a opción "mover a la carpeta especificada ". Vai aparecer no compoñente inferior unha cade de texto que describe a regra. Nesa descrición prema na cadea "especificada" e a ventá verase como a da seguinte figura. Ten que escoller a carpeta onde queira que se almacen as mensaxes consideradas como spam polo servidor. Para confirmar a carpeta escollida prema en aceptar.

Neste punto a regra xa está definida. Para confirmar a creación da regra prema o botón "Finalizar".
[arriba]
|