|
Configuración
do LDAP en Outlook Exprees
Prema o botón "Direcciones" que na barra
do menú principal do Outlook.

A continuación prema "Herramientas" e
a continuación sobre "Cuentas".

Na seguinte pantaia, prema sobre o botón "Agregar".
Escriba ldap.uvigo.es no recadro da pantaia que
lle aparecerá e active "El servidor LDAP requiere que inicie sesión":

Tras preme-lo botón 'Siguiente' preguntarálle polo usuario e contrasinal para acceder
ó LDAP.

Enche co teu correo o seguinte formulario para recibir no seu buzón o usuario e contrasinal
que terá que usar nos recadros.
Tras preme-lo botón 'Siguiente' preguntarálle
se desexa comproba-las direccións de correo empregado
o servicio de directorio. O normal é que seleccione
que SÍ ainda debe saber ca comprobación
será lixeiramente máis lenta debido a que
debe conectarse o servidor para verifica-las direccións
en lugar de facelo cun ficheiro que esté almacenado
localmente na súa máquina.
A
continuación configuraranse as opcións que
definen o acceso ó servidor. Para o cal premerase
sobre a conta ldap.uvigo.es recén creada.

Na
ventá seguinte seleccionará a pestaña
'Avanzada'.

Deberá escribir no recadro 'Base de búsqueda:'
o seguente:
ou=Usuarios,
dc=uvigo, dc=es
No
"Tiempo de espera de búsqueda" aconsellase
seleccionar un tempo curto, xa que en caso de caídas
ou cargas de datos no LDAP o acceso faise moi lento, o
cal fai co uso do cliente de correo non sexa idóneo
para consulata-lo LDAP.
Prema
o botón 'Aplicar' e despois sobre o botón
'Aceptar' e terá configurado o servicio de directorio
da Universidade de Vigo.
[arriba]
|