Universidade de Vigo

Intranet

Universidade de Vigo
Cabeceira
Videoconferencia | Descrición

[principal]

O obxetivo deste documento é a descrición do servizo de Videoconferencia e TeleEnsino, cuberto con anterioridade dun xeito exclusivo polo CESGA, nos campus que conforman a Universidade de Vigo: Ourense, Pontevedra e Vigo.

Os sistemas de Videoconferencia permiten a comunicación interactiva entre persoas situadas en localizacións distintas. Trátase da transmisión de vídeo e voz en tempo real. Desta maneira, as persoas que participan na videoconferencia poden comunicarse como se se atoparan na mesma sala. Ademáis de outras aplicacións, a Videoconferencia pódese considerar como unha ferramenta a utilizar no ámbito da Educación a distancia.

O TeleEnsino integra as tecnoloxías da información e da comunicación dentro do campo do ensino co obxetivo de realizar actividades de carácter educativo. Ó mesmo tempo, existe a posibilidade de compartir aplicacións e explicacións sen a necesidade de ter que restrinxirnos á visualización e audición de persoas ubicadas en lugares remotos. Deste xeito, intégrase a transmisión de datos, vídeo e voz no mesmo medio de maneira que se pode obter unha conexión simultánea en tempo real que permita intercambiar información entre persoas distantes xeográficamente.

[arriba]

Aplicacións dos servizos de Videconferencia da Universidade de Vigo

Existen múltiples aplicacións da Videoconferencia, pero aquelas que realmente teñen importancia no dominio do ensino son as seguintes:

  • Teleformación
     
    • Reunións alumno-profesor coa finalidade de poder cubrir horas de titorías.

    • Intercambio de información de forma bidireccional ou multidireccional entre usuarios remotos.

    • Clases impartidas por un ou máis educadores a un ou máis grupos de alumnos.

    • Colaboración entre alumnos a distancia.

  • Teletraballo
     
    • A resolución de proxectos orientados á docencia ou á investigación poderá realizarse a través de reunións entre os integrantes dos mesmos.

  • Comunicación remota con expertos
     
    • A posibilidade de reunirse con personas expertas nunha materia determinada sen a necesidade de ocasionar un desprazamentos innecesarios.

[arriba]

Ventaxas e desventaxas do TeleEnsino na Universidade de Vigo

  • Ventaxas
     
    • Eficiencia temporal.

    • Redución de custos (dietas, hoteis, desprazamentos, etc.).

    • Reunións máis breves e máis frecuentes.

    • Enriquecemento de reunións polo incremento do número de personas participantes.

    • Documentos ó alcance (non é posible o esquecemento dos mesmos no lugar de orixe).

    • A interación visual incrementa a comprensión da información transmitida.

  • Desventaxas
     
    • O principal inconvinte a resolver no ámbito da videoconferencia foi a obtención dunha boa calidade de imaxe e son en tempo real. Esto débese substancialmente ó retraso producido na chegada de datos ó receptor a través da rede ainda que tamén está relacionado coa calidade técnica dos equipos. O problema citado está resolto para as salas expostas.

    • O custo dos equipamentos.

    • Requírese unha preparación didáctica previa por parte do docente.

[arriba]